Intervencións periciais

Presentamos algúns dos casos nos que intervimos pericialmente

Incendio en Cangas do Morrazo

Intervención en agosto de 2021, valorando os danos e presentando unha proposta de indemnización ante a compañía de seguros dunha das persoas afectadas.

Nova do Faro de Vigo.

 

Informe pericial preliminar

Temporal de vento que afecta especialmente a Bueu

Informe pericial preliminar

Intervención en toda a comarca para valorar danos provocados polo temporal Gaetán, con especial afectación no Concello de Bueu.

Nova de La Voz de Galicia.

 

Danos en aparatos eléctricos e instalacións en Marín

Unha avería na rede de distribución eléctrica provocou diversos danos no centro de Marín. Interviuse en varias vivendas e negocios para valorar os danos e realizar informes de reclamación á compañía eléctrica.

Nova do Diario de Pontevedra.

 

Informe pericial preliminar

Roubos en ópticas de Moaña

Nova sobre roubos en Moaña - Intervención pericial

Intervención nun dos locais afectados, realizando unha proposta de indemnización dos danos e prexuízos causados.

Nova de Atlántico.

 

O noso centro de actuación é a península do Morrazo:

Cangas, Bueu, Moaña, Marín e Vilaboa

 

Tamén facemos peritacións en toda a provincia de Pontevedra